miércoles, 17 de abril de 2013

Introdución


  Fixemos un estudo dos micromamíferos da zona de Riocereixa (concello de Pedrafita do Cebreiro, Lugo), estudando as egagrópilas da curuxa. Eliximos a curuxa porque é a ave cuxas egagrópilas poden conter  restos de máis especies e mellor conservados.
    As curuxas son aves rapaces nocturnas que poden devorar tres ou catro roedores ou musgaños nunha noite, inxerindo gran cantidade de ósos e pelos. Estes materiais quedan comprimidos na moella da ave, e logo bótaas fóra pola boca en forma de pelotas redondas ou cilíndricas denominadas egagrópilas. Frecuentemente produce dúas ao día.
   As egagrópilas de curuxa recén eliminadas son fáciles de identificar porque están revestidas dunha costra lisa negra. Estas son redondas; cun diámetro de 2,5 cm ou máis, e lonxitude de ata 5 cm.
   Imos coñecer agora os micromamíferos dos arredores de Riocereixa pola presenza dos seus cranios nas egagrópilas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario